Distrito de Braganza
Distrito de Braganza - Bragança (gl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Bragança | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.586 (2018) | ||||
Lingua usada | lingua mirandesa lingua galega | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-04 | ||||
Páxina web | gov-civil-braganca.pt |
Braganza[1] (en portugués: Bragança) é un distrito do nordeste de Portugal, pertencente á provincia tradicional de Tras os Montes e Alto Douro. Limita ao norte coas provincias de Ourense e Zamora, ao leste coas provincias de Zamora e Salamanca, ao sur co distrito da Guarda e co distrito de Viseu, e ao oeste co distrito de Vila Real. Ten unha área de 6.608 km² (5º maior distrito portugués). Poboación residente (2001): 148.808 habitantes. Capital de distrito: Braganza.
Turismo
[editar | editar a fonte]O distrito de Braganza integra en pleno a Rexión de Turismo do Nordeste Transmontano
Subdivisóns
[editar | editar a fonte]O distrito de Braganza subdivídese nos seguintes 12 municipios:
- Alfândega da Fé
- Braganza
- Carrazeda de Ansiães
- Freixo de Espada à Cinta
- Macedo de Cavaleiros
- Miranda do Douro
- Mirandela
- Mogadouro
- Torre de Moncorvo
- Vila Flor
- Vimioso
- Vinhais
Na actual división principal do país, o distrito encóntrase integrado na Rexión Norte e dividido en dúas subrexións, ambas integrando tamén concellos doutros distritos: Alto Trás-os-Montes e Douro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bragancés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito de Braganza |